Profesor/a titular de universidade
Área de Tradución e Interpretación
Departamento de Tradución e Lingüística
Información de contacto
Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón C, Despacho 45
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 068
jmv@uvigo.es
Breve CV
Estudos relacionados coas Matemáticas, a Informática, as Ciencias Cognitivas e a Filoloxía. Licenciado en Filoloxía pola UB (1992) e Doctor en Filoloxía pola URV (1997). No 1992-96 fun bolseiro predoutoral FPI no estranxeiro no Dpto. de Lingüística da UB. Realicei estadías de investigación no Dpto. de Informática da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa (1993); nas Facultades de Matemáticas e Humanidades da Universidade de Bucarest (1993); no CCS e no HCRC da Univ. de Edimburgo (1994); na Facultade de Matemáticas e no TUCS da Universidade de Turku (Finlandia, 1995); e no ITESM de Monterrey e Ciudad de México (1996). No 01/03/97 obtiven unha bolsa posdoutoral FPI no estranxeiro na Universidade de Turku, pero renunciei a ella e incorporeime como profesor asociado na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo. Posteriormente pasei a ser profesor titular interino (1997) e, finalmente, profesor titular (1999). Profesor e membro da CAM do “Máster Universitario en Tradución Multimedia” (http://multitrad.webs.uvigo.es) e do “Doutorado en Comunicación” (http://comunitrad.webs.uvigo.es) da UVigo, respectivamente.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Tradución e Interpretación
V01G230V01109 | Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
Máster Universitario en Tradución Multimedia
V01M079V01101 | Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia
2º cuadrimestre
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 16:00 a 19:00, Despacho 45-C (presencial) ou despacho 1660 (virtual); reservar antes en jmv@uvigo.es, Facultade de Filoloxía e Tradución
– Mércores: de 16:00 a 19:00, Despacho 45-C (presencial) ou despacho 1660 (virtual); reservar antes en jmv@uv, Facultade de Filoloxía e Tradución
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- A perspectiva instrumental e social da tradución
- A didáctica da informática aplicada á tradución
- A lingüística matemática e a teoría de autómatas e linguaxes formais