Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Facultade de Filoloxía e Tradución

Os primeiros 25 anos da Facultade de Filoloxía e Tradución

O 10 de febreiro de 1999 a entón Facultade de Humanidades da Universidade de Vigo aprobou, na xunta de centro pertinente, a súa nova denominación, hoxe aínda en vigor, que foi, pouco tempo despois, sancionada polo Decreto 216/1999, de 15 de xullo (DOG 26 de xullo), que fixo oficial o nacemento da Facultade de Filoloxía e Tradución. Neste nome, que xunta disciplinas de moi longa tradición, reside a parte fundamental dos estudos de humanidades da Universidade de Vigo.

25 anos de traballo, que hoxe comezamos a celebrar, coa esperanza posta nun futuro inmediato comprometido coa responsabilidade que as artes e as humanidades teñen para ofrecer respostas aos retos sociais do noso tempo.

Benvidos sexan estes primeiros 25 anos.

Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Facultade de Filoloxía e Tradución obtivo o Distintivo de Igualdade o 14 de setembro de 2021.

Centro certificado FIDES-AUDIT

A Facultade de Filoloxía e Tradución deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo e conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT.

A ACSUG emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 26/04/2010. Posteriormente, con data 07/10/2014, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.

Máis información