Recursos materiais
AULAS DOCENTES GRANDES
Capacidade: 104 postos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: Clases maxistrais a grupos grandes. Exames, probas escritas e orais ademais de presentacións do estudantado. Conferencias e proxeccións.
A1, A2, A3, B1, B2, C1, C2 e C3
Dotadas de canóns de vídeo, son e cableadas para que o estudantado poida utilizar os seus portátiles.
AULAS DOCENTES MEDIANAS
Capacidade: 72 postos
Aulas de media capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: Clases maxistrais a grupos grandes ou medianos (A,B,C4a/b). Exames, probas escritas e orais, presentacións do estudantado. Conferencias e proxeccións. A aula B6a é unha aula de informática; a B6b unha de vídeoconferencia.
A4a/b, A5, A6, B4a/b, B5, B6a/b, C4a/b, C5 e C6
Dotadas de canóns de vídeo, son e cableadas para que o estudantado poida utilizar os seus portátiles.
AULAS DOCENTES PEQUENAS
Capacidade: 50 postos
Aulas de pequena capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: Clases maxistrais a grupos medianos. Exames, probas escritas e orais, presentacións do estudantado. Conferencias e proxeccións.
Aulas A7, A8, B7, B8, C7 e C8
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.
SEMINARIOS
Capacidade: 15 postos
Espazos dotados de medios tecnolóxicos específicos e medios docentes. Adoita ter postos de traballo individuais.
Usos habituais: Docencia tipo seminario. Exames, probas escritas, orais, presentacións do estudantado (grupos reducidos).
Seminarios A11, A12, A13, A14, B9, B12, B13, B14, C11, C12, C13 e C14
Tres delas están dotadas de canóns de vídeo, son e cableadas para que o estudantado poida utilizar os seus portátiles.
A aula C11 é unha aula de vídeoconferencia.
LABORATORIOS DE INVESTIGACIÓN
Capacidade: 24 postos
Aulas de pequena capacidade, dotadas dos medios tecnolóxicos necesarios para poder desenvolver a docencia teórica e práctica de interpretación.
Usos habituais: Docencia sobre todo práctica. Exames e presentacións do estudantado.
Laboratorios de idiomas A10 e B10
Aulas de pequena capacidade, dotadas dos medios tecnolóxicos necesarios para poder desenvolver a docencia teórica e práctica da ensinanza – aprendizaxe de idiomas.
Usos habituais: Docencia sobre todo práctica. Exames e presentacións do estudantado.
Laboratorios de interpretación L1, L2, L3, NEWTON 15
Aulas de pequena capacidade, dotadas dos medios tecnolóxicos necesarios para poder desenvolver a docencia teórica e práctica de interpretación.
Usos habituais: Docencia sobre todo práctica. Exames e presentacións do estudantado.
SALAS DE INFORMÁTICA
Capacidade: 24 postos
Espazos dotados de medios informáticos para estudantado e profesorado.
Usos habituais: Clases teórico-Prácticas con uso de software específico. Exames e probas Teórico-prácticas.
Aulas Informáticas A9, C10, NEWTON 9A, NEWTON 9B, NEWTON 17, B6A
Capacidade: 24 postos
Aulas de uso docente con canón, son e computadores fixos.
Usos habituais: Docencia sobre todo práctica. Exames e presentacións do estudantado.
Aula informática de acceso libre
Capacidade: 50 postos
Espazo dotado de medios informáticos, con postos individuais. Apoio ao estudantado. Uso de medios informáticos obrigatorios e acceso a internet do estudantado.
Usos habituais: Cualquera estudante pode utilizar as súas instalacións para a realización de traballos, exercicios ou proxectos programados, ou dentro da súa actividade de estudo autónoma. Este espazo é atendido por bolseiros da propia universidade.
Despachos PDI
O centro conta con 93 despachos para o profesorado repartidos nos tres pavillóns. Parte do profesorado comparte docencia e investigación con outros centros. A súa situación e contacto, xunto coa dos responsables de coordinación por cursos, pode consultarse de forma actualizada no apartado Profesorado da páxina web do centro.
Delegación de estudantes
A delegación de estudantes ten un espazo reservado no Pavillón Newton.
Sala de Xuntas
Capacidade: 20 postos
Salón de reunión dotado de medios de proxección de vídeo.
Usos habituais: Exposición de traballos de fin de grao e de máster así como teses de doutoramento. Tamén se utiliza para reunións de departamentos, de equipos directivos, e outros actos protocolarios.
Outros recursos materiais
Ademáis das infraestruturas e dotacións situadas en espazos concretos de docencia-aprendizaxe, existe un material diverso que pode ser utilizado por profesorado e estudantado na súa actividade no centro. O uso deste material é controlado polo servizo de conserxaría da facultade mediante un sistema establecido que inclúe o compromiso para unha utilización adecuada por parte do/a usuario/a. O material dispoñible consiste en computadores portátiles, proxectores dixitais, reprodutores de vídeo en diversos formatos, monitores, escaleiras de man, cables de conexión, etc.
SALA DE ESTUDO
Capacidade: 134 postos
Usos habituais: Consulta de fondos. Lectura e estudo.
BIBLIOTECA
Capacidade: 200 postos
Descrición xeral: Lugar de situación dos fondos bibliográficos e video-gráficos da facultade, de 1.662 m2. Adscrita á Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo. Con postos para consulta de fondos bibliográficos, postos para visionado de vídeo e puntos de consulta en liña do catálogo. Os fondos supoñen arredor de 70.000 títulos, así como 730 publicacións periódicas. Ten salas de estudo para grupos, un vestíbulo, zona de computadores con acceso a internet, zona de revistas e xornais, zona de computadores con acceso ao catálogo, zona de dicionarios de referencia con postos de estudo, sala de revistas e unha sala de investigación de terceiro ciclo. Conta con servizo de reprografía para uso investigador.
Usos habituais: Consulta de fondos, lectura, visionado de vídeo e estudo. A biblioteca funciona con libre acceso aos libros e á zona de hemeroteca. Os fondos están no catálogo en liña e o persoal investigador pode acceder e realizar as súas peticións bibliográficas en rede.
Plano xeral da FFT
Servizos xerais
Conexión sen fíos
O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.
Recursos docentes en rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación.
Servizo de reprografía
O centro dispón de servizo de reprografía atendido por unha empresa externa contratada pola universidade. Ademais de fotocopiadora teñen servizo de escaneado, encadernación, venda de material…. Existe ademais un autoservizo de fotocopiador a disposición do profesorado, asociacións estudantís e persoal de administración e servizos.
Servizo de cafetaría e comedor
O centro dispón de servizo de cafetaría e comedor atendido por unha empresa externa contratada pola universidade.
Armarios de almacenaxe
Existen armarios persoais pechadas onde o estudantado pode gardar as súas pertenzas persoais.
Accesibilidade
A Facultade de Filoloxía e Tradución está preparada para o acceso aos diferentes pavillóns e servizos de todas as persoas que teñan algunha discapacidade, contando para iso con plataformas transportadoras e rampas de entrada.