O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plano de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.

É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ó título. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación.

No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.

Traballo Fin de Grao 2021/2022

 

REGULAMENTO DO TFG

FORMULARIOS DO TFG

 

Calendario de defensa do TFG

Convocatoria Solicitude de defensa Defensa
Novembro 2021 Ata o 05/11/2021 Do 16/11/2021 ao 19/11/2021
Febreiro 2022 Ata o 04/02/2022 Do 15/02/2022 ao 18/02/2022
Xuño 2022 Ata o 06/06/2022 Do 15/06/2022 ao 17/06/2022
Xullo 2022 Ata o 07/07/2022 Do 19/07/2022 ao 22/07/2022

 

OFERTA DO TFG

  • Grao GTI
  • Grao GLE
  • Grao GCLEL

ASIGNACIÓN DO TFG

  • Grao GTI
  • Grao GLE
  • Grao GCLEL

TRIBUNAIS DO TFG