O Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española ofrece formación especializada no eido das linguas e literaturas galega e española que permita adquirir as competencias filolóxicas necesarias para poder aplicalas de xeito práctico na procura de solucións aos problemas socioculturáis actuais por medio do uso das ferramentas dixitais e o dominio complementario de dous idiomas modernos (a elixir entre: inglés, francés, alemán e portugués).

Acude ao termo Filoloxía, concebida como a suma de varias disciplinas centradas sempre na palabra e nos textos, e ao adxectivo Aplicada, pois emprega os coñecementos da ciencia básica para a súa aplicación práctica.

 

Accesos directos