O Traballo de Fin de Máster (TFM) forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de máster. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación, teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.

O traballo de fin de máster é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso, pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.

O traballo de fin de máster poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora, as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade do titor/a facilitar a xestión.

Regulamento do Traballo Fin de Máster na FFT

Disposición transitoria TFM (COVID-19)

 

Matrícula no TFM

Para poder matricularse no traballo de fin de máster será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.

A matrícula do traballo de fin de máster realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de máster.

 

Depósito do TFM

Para poder realizar o depósito do TFM previo á súa defensa é preciso estar correctamente matriculado/a e contar co informe favorable da persoa ou persoas que titoricen o traballo.

O estudantado deberá realizar o depósito na convocatoria na que vaia a efectuar a defensa e sempre dentro das datas establecidas para o efecto, que serán fixadas polo decanato da FFT e non poderán coincidir cos períodos de depósito de TFG. Transcorridas todas as convocatorias dun mesmo curso sen que se levara a cabo o depósito, o/a estudante deberá volver matricularse.

Calendario de depósito do TFM 2021/2022

Calendario de depósito do TFM 2020/2021