Inicio
Avisos
Actualidade
Estudos
Estudos de grao
- Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
- Grao en Tradución e Interpretación
- Grao en Linguas Estranxeiras
Estudos de máster
- Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada
- Máster en Tradución para a Comunicación Internacional
- Máster Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
- Máster en Tradución Multimedia
Accesos directos
Distintivo de Igualdade
O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.
A Facultade de Filoloxía e Tradución obtivo o Distintivo de Igualdade o 14 de setembro de 2021.
Centro certificado FIDES-AUDIT
A Facultade de Filoloxía e Tradución deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo e conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT.
A ACSUG emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 26/04/2010. Posteriormente, con data 07/10/2014, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.