O alumnado de 2.º do Grao en Tradución e Interpretación entrevistará á escritora camerunesa Djaïli Amadou Amal o martes 30 de abril ás 16.00 h no salón de Actos da nosa facultade. Esta autora escribe sobre a cultura Fulani á que pertence, e o seu traballo visibiliza os problemas das mulleres desa sociedade, os problemas sociais do Sahel, a súa rexión, e especialmente a discriminación contra as mulleres.