Monteagudo Alonso

Contratado/a FPU

Área de Filoloxía Galega e Portuguesa
Departamento de Filoloxía Galega e Latina

Información de contacto

Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón A, Despacho 41
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 059
anmonteagudo@uvigo.es

Breve CV

Antía Monteagudo Alonso (Vigo, 1993) é doutoranda contratada na Universidade de Vigo cunha bolsa do Ministerio de Educación Español e está a realizar unha tese sobre a poesía do cotián na literatura galega e portuguesa contemporánea. Na mesma universidade, graduouse en Estudos de Galego e de Español (2015) e concluíu o Máster para o Ensino na Escola Secundaria. Tamén é mestra en Estudos Literarios, Culturais e Interartes pola Universidade do Porto (2017-2018). Ten publicados varios artigos e críticas literarias en revistas, forma parte do grupo de investigación BiFeGa e do proxecto internacional “PoePolit: Poesía Actual e Política”. Entre as súas áreas de investigación están a poesía galega e portuguesa actual, os traballos intermediais e os estudos comparatistas.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

V01G400V01304 | Obras principais das literaturas galega e lusófona
V01G400V01926 | Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos

2º cuadrimestre

Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

V01G400V01924 | Análise das obras centrais da literatura galega durante o franquismo

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación

Liñas de investigación

  • Poesía galega e portuguesa contemporánea
  • Traballos intermediais
  • Estudos comparatistas