Xela Arias. A palabra esgazada

‘Xela Arias. A palabra esgazada’ é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021. Está composta por 6 capítulo breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora.

Na seguinte ligazón podes ver o primeiro capítulo da serie: “Xela Arias: a palabra esgazada. Retallos dunha vida que se trunca na plenitude en arela do seu propio camiño“.