Ciclo de cursos de galego para profesionais da tradución

Este ciclo de cursos será impartido na facultade e diríxese a profesionais da tradución que traballen co galego, mais tamén é acaído para profesionais doutros ámbitos que queiran mellorar os seus coñecementos desta lingua.

O ciclo componse dos seguintes cursos:

  • Gramática, que impartirá Xosé Manuel Sánchez Rei o 21 de febreiro de 2025 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00).
  • Neoloxismos e fixación terminolóxica, que impartirá Inés Veiga o 4 de abril de 2025 (de 10:00 a 14:00).
  • Ortotipografía e puntuación, que impartirá Xulio Sousa o 4 de abril de 2025 (de 16:00 a 20:00).

Con estes cursos queremos ofrecer unha formación máis exhaustiva que nos permita responder moitas das dúbidas que adoitamos ter as tradutoras no noso día a día, mais que non se recollen nas obras de consulta que temos á nosa disposición actualmente (dicionarios, gramáticas, ortografías, libros de estilo etc.).

Máis información