Os primeiros 25 anos da Facultade de Filoloxía e Tradución
O 10 de febreiro de 1999 a entón Facultade de Humanidades da Universidade de Vigo aprobou, na xunta de centro pertinente, a súa nova denominación, hoxe aínda en vigor, que foi, pouco tempo despois, sancionada polo Decreto 216/1999, de 15 de xullo (DOG 26 de xullo), que fixo oficial o nacemento da Facultade de Filoloxía e Tradución. Neste nome, que xunta disciplinas de moi longa tradición, reside a parte fundamental dos estudos de humanidades da Universidade de Vigo.
25 anos de traballo, que hoxe comezamos a celebrar, coa esperanza posta nun futuro inmediato comprometido coa responsabilidade que as artes e as humanidades teñen para ofrecer respostas aos retos sociais do noso tempo.
Benvidos sexan estes primeiros 25 anos.