Exposición: Voyage à travers les livres

Co afán de celebrar a diversidade cultural e lingüística, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, nos seus 25 anos de vida, abre as súas portas ás literaturas francófonas. O alumnado do Grao en Linguas Estranxeiras e do Grao en Tradución e Interpretación propón unha viaxe diversa e enriquecedora para dar a coñecer as letras francófonas mediante unha exposición de libros francófonos que se celebrará no seu pavillón central do 20 de marzo ao 12 de abril.

Esta iniciativa enmárcase en dous eventos significativos: o quart d’heure de lecture national e a Semaine de la langue française et de la Francophonie, que buscan poñer en valor a importancia da lingua francesa e a riqueza do seu patrimonio literario. É un momento especial para as múltiples culturas e identidades que celebra a diversidade e vitalidade das comunidades francófonas.