Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

José Antonio Fernández Romero foi un dos grandes referentes nacionais en estudos nórdicos e un moi querido e lembrado docente de lingua española na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade da Vigo. Trala súa morte en 2011, o profesor legou boa parte da súa colección bibliográfica á institución académica, un patrimonio que agora se quere poñer en valor a través da exposición Última Tule. A mostra, que está xa está aberta na biblioteca da FTT, busca render homenaxe a este pioneiro dos estudos escandinavos en España e Premio Nacional de Tradución en 1996, que contaba tamén coa Cruz de Cabaleiro da Orde islandesa do Halcón. 

O decano da FFT, José Montero Reguera, lembra que Fernández Romero era doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid  e chegou a Islandia (terra á que Virxilio se refería como Tule) nos anos cincuenta do pasado século e converteuse no primeiro profesor de español da illa, ademais de ter sido fondo coñecedor doutras terras nórdicas como Suecia ou Finlandia. Cando regresou a Galicia incorporouse como profesor titular de lingua española ao Colexio Universitario de Vigo, xermolo da actual Universidade de Vigo, onde se xubilou como emérito. Un ano despois do seu pasamento, en 2012, a institución académica rendeulle unha merecida homenaxe poñéndolle o seu nome ao salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, centro que agora dá acubillo a parte do seu patrimonio bibliográfico tras un proceso de catalogación. “Hoxe ese legado –un cento de volumes directamente relacionados coa súa especialidade: escandinavística, tradución, linguas nórdicas– está xa incorporado á biblioteca da facultade que se converte, así, en posuidora dun magnífico fondo especializado ao dispor de estudantes, profesorado e comunidade universitaria”. 

Ler a nova completa no DUVI

Equality Label

The Equality Label has been created to make the effort made by many in our University, who fight everyday to research, teach, transfer, manager and produce feministic and from a gender point of view scientific knowledge visible, and publicly and institutionally acknowledged. This initiative aims to acknowledge the work made by centres, schools and faculties in the field of a real and effective equality between men and women promotion, and, in this way, achieve a more human, equality and fair university.

The Faculty of Philology and Translation achieved the Equality Label on September 24, 2021.

Centre certified by FIDES-AUDIT

The Faculty of Philology and Translation designed a Quality Guarantee System in collaboration with the Quality Area of the University of Vigo, following the guidelines of the programme FIDES-AUDIT.

The ACSUG (Agency for Quality Assurance in the Galician University System) issued a positive evaluation of the design of the centre Quality Guarantee System on the 26th of April, 2010. Later, on the 7th of October, 2014, the ACSUG issued as positive the certification report of the implementation of the Quality Guarantee System in the centre.This certification has been renewed on 10/11/2022.

Further information