40 estudantes de terceiro curso do Grao en Tradución e Interpretación da UVigo visitaron na últimas horas a Cidade da Xustiza en Vigo, onde asistiron a varias vistas e puideron coñeceron de primeira man o funcionamento da xustiza, as persoas que participan nela, a súa terminoloxía, así como os diferentes tipos de procesos.
"Aínda que os xuízos presenciados durante a xornada non requeriron a intervención de intérpretes, a experiencia ofreceulles unha valiosa oportunidade para familiarizarse co contexto, os procedementos e as particularidades deste ámbito profesional, xa que la interpretación xudicial é parte da formación que reciben”, explica a catedrática do Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo Maribel del Pozo, que acompañou ao estudantado na súa visita á Cidade da Xustiza.


