Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

03/11/2026

Nun contexto de mobilidade internacional crecente a presenza de persoas con orixes, culturas e linguas diferentes é unha realidade que permea todas as capas e servizos que ofertan as sociedades nas que se insiren. “A Área Sanitaria de Vigo atende unha poboación diversa, e desde a perspectiva da xestión, debemos procurar que as dificultades de comunicación entre os profesionais sanitarios e os pacientes se aborden mediante recursos adecuados, criterios de actuación e unha maior sensibilización dos equipos asistenciais”, explica Francisco Jesús Represas, subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria de Vigo, que tamén lembra, que as barreiras de comunicación non se limitan ás diferenzas idiomáticas e que persoas con discapacidade auditiva, dificultades cognitivas ou limitacións funcionais poden precisar medidas específicas para garantir unha comunicación efectiva.

Que os profesionais da sanidade coñezan a formación que recibe o alumnado que cursa estudos de tradución e interpretación na UVigo, “as características deses estudos para que os intérpretes se rexan por un código deontolóxico, para que coñezan a terminoloxía, neste caso sanitaria e saiban enfrontar as barreiras culturais”, detalla a catedrática do Departamento de Tradución de Lingüística da UVigo Maribel del Pozo Triviño; e, que o alumnado, a súa vez, se achegue a como se traballa nos hospitais cando se precisan tradutores e intérpretes, son os obxectivos da I Xornada Tradución e cousas médicas que se celebrará o 9 de novembro no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Organizada polo instituto iLingua e o centro hospitalario, con esta xornada, “o iLingua e a UVigo reforzan o seu compromiso cos dereitos humanos e cuns servizos públicos de calidade, non só educativos, senón tamén médicos, ademais de visibilizar o papel fundamental das investigacións que se fan na Universidade de Vigo sobre a interpretación, a tradución e a mediación no eido de medicina”, explica María Méndez, docente e investigadora do Departamento de Lingua Española e secretaria de iLingua.

Ler a nova completa no DUVI

Equality Label

The Equality Label has been created to make the effort made by many in our University, who fight everyday to research, teach, transfer, manager and produce feministic and from a gender point of view scientific knowledge visible, and publicly and institutionally acknowledged. This initiative aims to acknowledge the work made by centres, schools and faculties in the field of a real and effective equality between men and women promotion, and, in this way, achieve a more human, equality and fair university.

The Faculty of Philology and Translation achieved the Equality Label on September 24, 2021.

Centre certified by FIDES-AUDIT

The Faculty of Philology and Translation designed a Quality Guarantee System in collaboration with the Quality Area of the University of Vigo, following the guidelines of the programme FIDES-AUDIT.

The ACSUG (Agency for Quality Assurance in the Galician University System) issued a positive evaluation of the design of the centre Quality Guarantee System on the 26th of April, 2010. Later, on the 7th of October, 2014, the ACSUG issued as positive the certification report of the implementation of the Quality Guarantee System in the centre.This certification has been renewed on 10/11/2022.

Further information