A política de calidade da Facultade de Filoloxía e Tradución deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas persoas tituladas e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.
A Facultade de Filoloxía e Tradución adquire o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidas. Así establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:
- Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións
- Priorizar a investigación e a transferencia do PDI
- Mediar eficazmente entre os grupos de interese para atender as súas necesidades e acadar a súa satisfacción
- Conservar, xestionar e mellorar as infraestructuras do centro
- Impulsar a vinculación coa contorna profesional
- Alcanzar a consecución das metas de calidade establecidas anualmente polo centro e asociadas a indicadores académicos
- Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para eliminar os obstáculos que impiden unha igualdade real entre mulleres e homes
- Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento que teña en conta a diversidade funcional para eliminar os obstáculos que impiden unha igualdade real ás persoas con necesidades especiais
- Fomentar e poñer en valor o idioma propio de Galicia
- Potenciar a mobilidade internacional
A política de calidade da facultade toma como referente os eixes estratéxicos e transversais (fomento da lingua galega, defensa da igualdade e internacionalización) recollidos no Plan Estratéxico da Universidade de Vigo.