Lembranza a Casares e inmensa “afouteza” literaria para culminar a celebración da Festa das Letras

O acto estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Blues do País

Etiquetas
Foto de familia das autoridades cos premiados

Cando aínda resoan por todos os recunchos do país as lembranzas á figura de Carlos Casares, as homenaxes continúan, tamén na Universidade de Vigo, onde, tras dúas semanas de actos espallados polos tres campus, tivo lugar o acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, festividade que cada ano, e xa van vinte, se fai coincidir coa entrega dos Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria, neste caso a edición 2017, na que resultaron gañadores Genaro Da Silva, Lidia Dosil e Manuel Arca, dous mozos e unha moza que, ao igual ca Casares no seu día, amosan a través das letras, cada un desde o seu propio sentir, o seu compromiso coa lingua e a cultura do país.