O Grao en Linguas Estranxeiras naceu no curso 2009/2010 co obxectivo de formar profesionais que posúan un profundo coñecemento lingüístico, literario, histórico e sociocultural das linguas estranxeiras estudadas: o inglés como primeiro idioma, e o francés, alemán e portugués como segundo e/ou terceiro idioma.

Cabe salientar a significativa capacidade de expresión e comprensión oral e escrita que o estudantado adquire ao longo dos catro anos de estudos.

Deseñado para adaptarse ás necesidades do estudantado, o noso grao proporciona formación baseada na efectiva incorporación de teoría e práctica, integrando competencias de diversa natureza a través da combinación de contidos, experiencias, coñecementos e capacidades descritivas e analíticas das devanditas linguas e culturas. Xa que logo, ofrecemos unha formación intensa para un mercado laboral que demanda cada días máis e mellor coñecemento de linguas estranxeiras e do seu contexto literario e sociocultural.