O estudantado da FFT pode realizar prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares (BOE, 297, 10 de decembro de 2011).

As prácticas curriculares configúranse como actividades académicas integrantes do Plan de Estudos de que se trate.

As prácticas extracurriculares son aquelas que o estudantado pode realizar con carácter voluntario durante o seu período de formación e que non formarán parte do correspondente Plan de Estudos. Con todo, serán tidas en consideración no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente.

Desde o curso 2012/2013 ata o curso 2015/2016, a facultade organizou, en relación cos graos, un total de 235 prácticas curriculares con 55 destinos diferentes (entre empresas, institucións, tradutores autónomos e servizos internos da Universidade). A estas hai que engadir a xestión de 15 prácticas extracurriculares tramitadas desde a FUVI, o Servizo de Deportes ou a ORI.

Os diferentes másteres tamén poden ofrecer prácticas externas nos seus Plans de Estudos; a súa xestión realízase a través dos coordinadores de prácticas nomeados en cada máster para tal fin.

Coordinación

Lourdes Lorenzo García
+34 986 812 360
llorenzo@uvigo.es