Facultade de Fisioterapia

Traballo Fin de Grao

O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plano de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.

É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ó título. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación. No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.


Traballo Fin de Grao 2019/2020


  IMPORTANTE!: TITULO DO TFG NA SECRETARÍA VIRTUAL

No momento de realizar a solicitude de defensa do TFG a través da secretaría virtual cómpre verificar que o título dos TFG está ben escrito en galego, español e inglés. En concreto:

  1. O mesmo texto correctamente escrito nos 3 idiomas
  2. Sen faltas de ortografía
  3. Con puntuación correcta
  4. Evitando símbolos (nunca comiñas ao comezo e final do título)
  5. Evitar siglas e abreviaturas, a non ser que sexa estritamente necesario
  6. En maiúsculas só a palabra de comezo do título e os nomes propios

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG 2019/2020

(Pulsa no título da convocatoria para consultar o calendario detallado)

Convocatoria Solicitude de defensa Defensa Límite Actas
Novembro 2019 Ata o 08/11/2019 Do 18/11/2019 ao 21/11/2019 27/11/2019
Febreiro 2020 Ata o XX/XX/2020 Do XX/XX/2020 ao XX/XX/2020 28/02/2020
Xuño 2020 Ata o XX/XX/2020 Do XX/XX/2020 ao XX/XX/2020 26/06/2020
Xullo 2020 Ata o XX/XX/2020 Do XX/XX/2020 ao XX/XX/2020 21/09/2020


OFERTA DO TFG

Grao GTI | Grao GLE | Grao GEGE

ASIGNACIÓN DO TFG

Grao GTI | Grao GLE | Grao GCLEL

TRIBUNAIS DO TFG

Grao GTI | Grao GLE | GCLEL & GEGE