Fernández Salgado

Profesor/a titular de universidade

Área de Filoloxía Galega e Portuguesa
Departamento de Filoloxía Galega e Latina

Información de contacto

Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón A, Despacho 46
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 271
xsalgado@uvigo.es

Breve CV

Xosé Antonio Fernández Salgado (Ferreiravella, 1966) é Doutor en Filoloxía galega pola USC. Foi bolseiro do ILG (1988-1992), Editor de Santillana-Obradoiro (1993-1998) e actualmente Profesor da UVigo dende 1998. É autor de Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego (Deputación de Pontevedra, 2005) e de varios traballos que analizan os dicionarios, as gramáticas e as propostas ortográficas do galego no século XIX. Realizou tamén varias edicións críticas da obra de M. Valladares Colección de refráns (Tabeirós Terra 2003), Poesía (Xerais 2003), Majina, ou a filla espúrea (Sotelo Blanco 2011) , e do texto Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas (Laiovento 2017). É coautor así mesmo do Nivel Soleira da lingua galega (Consello de Europa 1993) e do Diccionario de Dúbidas da Lingua Galega (Galaxia 1991).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Linguas Estranxeiras

V01G181V01107 | Lingua: Comunicación escrita e oral en galego

Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

V01G400V01903 | Sintaxe da lingua galega I

Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española

V01G430V01110 | Lingua: Comunicación oral e escrita en galego

2º cuadrimestre

Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

V01G400V01902 | Fonética e fonoloxía da lingua galega

Máster Universitario en Lingüística Aplicada

V01M126V01205 | Estratexias e Métodos de Ensino e Aprendizaxe

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 13:00 a 14:00, A46 (on line Despacho virtual 864), Facultade de Filoloxía e Tradución
– Mércores: de 11:00 a 14:00, A46 (on line Despacho virtual 864), Facultade de Filoloxía e Tradución
– Xoves: de 09:00 a 11:00, A46 (on line Despacho virtual 864), Facultade de Filoloxía e Tradución

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Luns: de 09:00 a 11:00, Despacho A46, Facultade de Filoloxía e Tradución
– Martes: de 09:00 a 11:00, Despacho A46, Facultade de Filoloxía e Tradución
– Mércores: de 09:00 a 11:00, Despacho A46, Facultade de Filoloxía e Tradución

Investigación

Grupo de investigación

Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega

Liñas de investigación

  • Gramática galega
  • Historia da lingüística galega
  • Edición de textos