Rodríguez Vázquez

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Filoloxía Inglesa
Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá

Información de contacto

Facultade de Filoloxía e Tradución
Edificio Isaac Newton
Despacho 1
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 813 473
rosalia@uvigo.es
Espazo web

Breve CV

Doutora (PhD) en Fonoloxía e Música pola University of Edinburgh (Escocia) e en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo (Premio Extraordinario de Doutoramento). Completou a licenciatura en Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo con Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia e obtivo o Titulo Superior de Música no Conservatorio da mesma cidade. Traballou como investigadora posdoutoral no Centre National de la Recherche Scientifique en París. Ten realizado estadías de investigación convidada polo CSIC e as universidades de Edimburgo, Paris VIII, UPV/EHU, UAB e Universidade Central de Barcelona, Universidade de Lisboa, entre outras. É autora de numerosos artigos e capítulos de libro nos eidos da fonética, o text-setting e a dobraxe. Ademais, en 2010 publicou a monografía The Rhythm of Speech, Verse and Vocal Music: a New Theory (Peter Lang).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Linguas Estranxeiras

V01G180V01503 | Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés

Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

V01M121V01109 | Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa

2º cuadrimestre

Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

V01M121V01204 | Lingüística Contrastiva Aplicada á Lingua Inglesa

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

Investigación

Grupo de investigación

Variación da Linguaxe e Categorización Textual (LVTC)

Liñas de investigación

  • Fonoloxía segmental e suprasegmental da lingua inglesa
  • Text-setting (lingua e música). Estudo contrastivo (inglés, galego, español)
  • Fonética comparada (galego-español-inglés)