Letras galegas: seis poemas para sete días I

Unha sombra catrípeda na vida
esvai a sua presenza dubidosa.
Escintila o seu brillo un lombo rosa
entre o millo, de deusa esmaecida.
¿Ou a vida é ja Pan? Pan, Viño, Vida.
O bacelo à pezuña un ar lle amosa.
E o debullar do riso da formosa
é mazaroca roxa esparegida.
Danza inicial. O mito, a terra en danza.
Co numinal o vegetal confina.
A seiva, o sangue é o mesmo da crianza.
Senra e seitura, agarda a relembranza.
Danza final. A água danzarina
leva a dozura cara a amargura.