165 graduadas e graduados da Facultade de Filoloxía e Tradución con intereses e necesidades comúns

O honoris pola Universidade de Vigo, Méndez Ferrín impartiu a lección maxistral

Vista das e dos asistentes ao acto celebrado no pazo de congresos Mar de Vigo

100 egresadas e egresados do Grao en Tradución e Interpretación; 30 de Linguas Estranxeiras; 15 de Ciencias da Linguaxe; 16 do Mestrado en Tradución Multimedia e tres do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, protagonizaron o pasado venres no pazo de congresos Mar de Vigo o primeiro acto de graduación conxunto da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. “Na FFT compartimos case todos os servizos, pero aínda así parece unha facultade moi atomizada. Para min é unha prioridade xerar a mentalidade de que somos unha soa entidade cun destino común e con intereses e necesidades comúns e que cando traballamos xuntos facemos mellor as cousas”, asegura Luis Alonso Bacigalupe, decano do centro, que considera, ademais, un acto coma este “un escaparate que pode axudar na captación de alumnado novo”.