Homenaxe ó poeta Don Ricardo

Manuel Forcadela, profesor do departamento de Filoloxía Galega e Latina, da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, homenaxea a don Ricardo Carvalho Calero, co gallo da celebración das Letras galegas 2020 dedicado a esta figura, a través dun vídeo explicativo que condensa o persoeiro nas súas facianas de estudoso, narrador, poeta e orador.