As xornadas de acollida 2019/2020 celebraranse o día 5 de setembro de 2019 coa participación do equipo decanal.

Nestas xornadas, o estudantado recibe información sobre o centro, os horarios, a estrutura dos estudos, os servizos do centro e outros servizos da universidade, así como sobre a estrutura organizativa da universidade e as funcións de cada órgano de representación.

Hora Actividade
10.30 Benvida do decano (salón de actos)
11.00 Información sobre plans de estudo (coordinadores/as dos graos):

  • 1º de Traducción e Interpretación (salón de actos)
  • 1º de Linguas Estranxeiras (salón de graos B3)
  • 1º de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (aula B2)
12.00 Descanso
12.30 Presentación do Plan de Acción Titorial (PAT) (Vicedecana de Calidade e coordinacións de PAT) (salón de actos)
13.00 Información sobre intercambios Erasmus+ e outros programas (Vicedecana de Relacións Internacionais) (salón de actos)
13.30 Información de servizos da FFT (salón de actos)
14.00 Remate da xornada

 

Xornadas de acollida 2019/2020