O Plan de Acción Titorial da Facultade de Filoloxía e Tradución pretende contribuír ao desenvolvemento integral do estudantado universitario

O PAT do centro recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender a súas necesidades formativas e informativas, deseñandose no marco do Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Filoloxía e Tradución segundo o procedemento DO-0203 P1, que establece varias posibilidades de acción ou dimensións:

  • Académica: orientación sobre os planos de estudo e escolla de materias.
  • Profesional: orientación sobre as saídas profesionais.
  • Persoal: orientación sobre aspectos da vida privada do estudantado que poidan influír sobre a vida académica.
  • Social: orientación sobre bolsas e axudas para o desenvolvemento da actividade académica.
  • Administrativa: orientación sobre requisitos administrativos, matriculación e validacións.

A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo comprométese a levar adiante un plan de acción titorial (PAT) que combine a orientación académica (preferente) coa administrativa e social.

 

Plan de Acción Titorial 2019/2020

Plan de Acción Titorial (aprobado en XF do 06/05/2017)

 

Información sobre o PAT

Vicedecanato de Calidade
Coordinación do PAT na FFT

+34 986 812 077
fft.calidade@uvigo.es