Catedrático/a de universidade
Área de Tradución e Interpretación
Departamento de Tradución e Lingüística
Información de contacto
Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón C, Despacho 44
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 327
jdasilva@uvigo.es
Breve CV
Xosé Manuel Dasilva Fernández é licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxías Galega e Portuguesa e Doutor en Filoloxía. Desde 1996 imparte docencia na Universidade de Vigo. Realizou actividades científicas e académicas por invitación nas seguintes institucións, entre outras: Universitat Autònoma de Barcelona, Universitat Pompeu Fabra, Universitat de Barcelona, Universidad del País Vasco, Universidad de Granada, Universidad de Extremadura, Universidade do Porto, Universidade de Coimbra, Universidade Nova de Lisboa, Universidade de Lisboa, Universidade do Estado do Rio de Janeiro, Universidade Federal do Rio de Janeiro e Universidade Federal da Bahia. Forma parte de diversos grupos de investigadores de carácter interuniversitario tanto nacionais como internacionais e dos consellos de redacción e científicos de varias revistas. Publicou máis de 250 traballos (monografías, artigos e capítulos de libro) relacionados coas súas liñas de investigación.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Tradución e Interpretación
V01G230V01415 | Tradución idioma 2, I: Portugués-Galego
V01G230V01615 | Tradución idioma 2, III: Portugués-Galego
V01G230V01954 | Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Portugués-Español
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías non presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías non presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías non presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Liñas de investigación
- Autotradución
- Creación literaria, tradución e censura
- Tradución nos ámbitos galego, portugués e brasileiro