Buján Otero

Profesor/a asociado/a

Área de Tradución e Interpretación
Departamento de Tradución e Lingüística

Información de contacto

Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón C, Despacho 32
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

buxan@uvigo.gal

Breve CV

Dedícome profesionalmente á tradución por conta propia e son socia traballadora de Catro Ventos Editora S. Coop. Galega dedicada á publicación de obras en galego sobre ecoloxía e economía social, así como á prestación de servizos editoriais. Entre as miñas especialidades, está a tradución editorial e literaria (entre outros autores, traducín ao galego textos de Stefan Zweig, Rachel Carson e George Steiner). Son da 3.ª promoción da Licenciatura en Tradución e Interpretación coa combinación lingüística inglés-alemán-galego. En 2015, defendín a tese de doutoramento «A tradución da fraseoloxía no xénero textual manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español» coa que obtiven o título de doutora con mención internacional. Son membro do consello científico de Cadernos de Fraseoloxía Galega e da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Tradución e Interpretación

V01G230V01511 | Tradución idioma 2, II: Alemán-Español

2º cuadrimestre

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Mércores: de 18:00 a 19:00, Despacho C32, Facultade de Filoloxía e Tradución

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación

Liñas de investigación

  • Tradución editorial e status das profesionais
  • Tradución técnica: ferramentas, recursos e calidade
  • Políticas editoriais de tradución