Yuste Frías

Profesor/a titular de universidade

Área de Tradución e Interpretación
Departamento de Tradución e Lingüística

Información de contacto

Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón C, Despacho 33
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 331
jyuste@uvigo.es

Breve CV

Licenciado e Doutor en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica [Francés]) pola Universidade de Zaragoza, José Yuste Frías é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo onde imparte docencia de grao dando clase de tradución directa e inversa na combinación francés-español-francés desde 1995 e de ortotipografía para traductores (revisión e corrección de textos) desde 2004. Especialista do símbolo e da imaxe en tradución, a súa docencia en posgrao e as súas investigacións centranse nos campos profesionais da tradución cultural (directa e inversa) de cómics, libros infantís, libros de arte e textos turísticos; a tradución publicitaria e a tradución para a pantalla. Teórico da tradución, as súas investigacións sobre a paratextualidade o levaron a publicar pioneiras reflexións sobre a importancia suma de calquera detalle paratextual na edición final das traducións e sobre o espazo liminar que ocupa, sempre, todo profesional da tradución e a interpretación que se prece, iniciando, na teoría da tradución, a corrente traductolóxica da Escola de Vigo coa creación dun novo termo traductolóxico: a noción de paratradución. As súas derradeiras publicacións sobre identidade e tradución, que desenvolven as liñas de investigación Mestizaxe e Migración do Grupo T&P, resultan ser reveladoras á hora de xestionar a diversidade cultural nos tempos de choque de civilizacións que corren.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Tradución e Interpretación

V01G230V01608 | Tradución idioma 1, III: Francés-Español

Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional

V01M128V01202 | Tradución Publicitaria
V01M128V01203 | Tradución de Videoxogos
V01M128V01219 | Traballo de Fin de Máster

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

Investigación

Grupo de investigación

Traducción & Paratraducción

Liñas de investigación

  • Símbolo e imaxe en tradución
  • Tradución publicitaria
  • Tradución audiovisual e multimedia