Facultade de Fisioterapia

165 graduadas e graduados da Facultade de Filoloxía e Tradución con intereses e necesidades comúns

Egresados de cinco titulacións da FFT participaron no primeiro acto conxunto do centro

100 egresadas e egresados do Grao en Tradución e Interpretación; 30 de Linguas Estranxeiras; 15 de Ciencias da Linguaxe; 16 do Mestrado en Tradución Multimedia e tres do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, protagonizaron o pasado venres no pazo de congresos Mar de Vigo o primeiro acto de graduación conxunto da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. “Na FFT compartimos case todos os servizos, pero aínda así parece unha facultade moi atomizada. Para min é unha prioridade xerar a mentalidade de que somos unha soa entidade cun destino común e con intereses e necesidades comúns e que cando traballamos xuntos facemos mellor as cousas”, asegura Luis Alonso Bacigalupe, decano do centro, que considera, ademais, un acto coma este “un escaparate que pode axudar na captación de alumnado novo”.

Acto de Graduación FFT 2018

No acto académico, que contou coa asistencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e da vicerreitora de Estudantes en funcións, Dolores Álvarez, o doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, Xosé Luis Méndez Ferrín, impartiu a lección maxistral. “Pensamos que representa á perfección os valores de principios da FFT: defensa das linguas e culturas, compromiso social... ten unha bagaxe enorme como escritor, xornalista... e é un intelectual galego do máximo prestixio”, explica o decano, que na súa intervención agradeceu ás e aos graduados a elección do centro para cursar os seus estudos, ao tempo que lle desexou “todo o mellor cara ó futuro que agarda aí fora”.


Ler a noticia completa no DUVI