Facultade de Fisioterapia

430 especialistas debaten en Vigo sobre plurilingüismo e a aprendizaxe de segundas linguas

No XIII Congreso de Lingüística Xeral que se celebra na Facultade de Filoloxía e Tradución

Plurilingüismo, diversidade lingüística, aprendizaxe de segundas linguas, neofalantes, didáctica da prosodia, aprendizaxe da lingua de signos, xénero e sexo, ideoloxías lingüísticas... son moitos os aspectos relacionados coas linguas os que se abordarán dende hoxe mércores e ata o venres no XIII Congreso de Lingüística Xeral que se celebra na Facultade de Filoloxía e Tradución. O simposio reúne 430 especialistas procedentes de todo o mundo, como explicaba no acto de inauguración a profesora Maruxa Cabeza, membro do comité organizador, que agradecía “a boísima acollida e a enorme cantidade de contribucións que tivemos”, tanto de asistentes como de sesións e comunicacións.

XIII Congreso de Lingüística Xeral

Ao longo des tres días desenvolveranse mesas redondas, debates, presentacións e comunicacións e sesións plenarias con representación de docentes e persoal investigador de EEUU, Chile, Arxentina, China, Portugal, Francia, Italia, Croacia, Polonia ou Bélxica, e unha gran presenza de expertos e expertas do Brasil.

O acto de inauguración do congreso contou coa presenza do reitor da Universidade, Manuel Reigosa, no que foi o seu primeiro acto oficial no campus de Vigo dende a súa toma de posesión o pasado venres, polo que recibiu os parabéns das autoridades presentes. O reitor tamén quixo felicitar aos profesores do grupo Grades, Maruxa Cabeza, Fernando Ramallo e Jose Mª García-Miguel, responsables da organización e a todos os voluntarios e voluntarias “que fixeron posible este congreso”. En relación aos contidos deste simposio, Reigosa fixo referencia a novo escenario lingüístico que se pode abrir en Europa tralo Brexit, “que posiblemente abra espazos de oportunidades para o resto das linguas do vello continente teñan o seu papel”.


Ler a noticia completa no DUVI