Facultade de Fisioterapia

Filoloxía e Tradución lidera un proxecto europeo para facer accesibles as retransmisións en directo nun idioma estranxeiro

Porán en marcha o primeiro curso do mundo sobre refalado interlingüístico

O campus vigués acolleu esta semana a xuntanza de lanzamento de ILSA (Interlingual Live Subtitling for Access), un proxecto de investigación Erasmus + KA203, financiado pola Comisión Europea que ten como obxectivo desenvolver unha nova disciplina baseada na subtitulación interlingüística en directo mediante refalado interlingüístico. A Facultade de Filoloxía e Tradución lidera un consorcio conformado polas universidades de Amberes, Varsovia e Viena, o Parlamento de Galicia, a VRT, principal cadea de televisión pública belga e Dostepni.eu, unha empresa polaca. Pablo Romero, investigador Ramón y Cajal da Universidade de Vigo, coordina o proxecto e explica que ademais das entidades socias contan con outros 30 organismos asociados, incluíndo a ONU, universidades e asociacións de persoas xordas de todo o mundo.

Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017
Ler máis...

A Universidade entrega os Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017

O acto estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Blues do País

Cando aínda resoan por todos os recunchos do país as lembranzas á figura de Carlos Casares, as homenaxes continúan, tamén na Universidade de Vigo, onde, tras dúas semanas de actos espallados polos tres campus, tivo lugar o acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, festividade que cada ano, e xa van vinte, se fai coincidir coa entrega dos Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria, neste caso a edición 2017, na que resultaron gañadores Genaro Da Silva, Lidia Dosil e Manuel Arca, dous mozos e unha moza que, ao igual ca Casares no seu día, amosan a través das letras, cada un desde o seu propio sentir, o seu compromiso coa lingua e a cultura do país.

Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017
Ler máis...

Unha colección única no mundo que aborda a creación da imaxe pública de tradutores e intérpretes

O docente da FFT Anxo Fernández reúne máis de 300 pezas datadas entre os séculos XVIII ao XX

“Pura serendipia!” Así, como un descubrimento inesperado que se produce cando se está na procura de algo diferente, asegura o docente e investigador da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo Anxo Fernández que naceu Icoti, unha base de datos e colección material composta por documentos e representacións iconográficas centrada na creación da imaxe pública da persoa tradutora ou intérprete. Transcorrida máis dunha década desde aquel día no que Anxo Fernández, interesado na investigación dos modos en que a muller foi accedendo aos oficios da tradución, mercou unha postal dun intérprete árabe, Icoti foi sumando pezas ata acadar as máis de 300 actuais, o que a converte nunha colección única no mundo “dedicada específica e extensivamente á iconografía de tradutores e intérpretes”, explica o docente e investigador.

creación da imaxe pública de tradutores e intérpretes
Ler máis...