Facultade de Fisioterapia

24/11/2017 - Simposio internacional "E irei madr’a Vigo"

Hora: 9.00 h

Lugar: auditorio do Edificio Cambón (rúa da Palma, 4).


O simposio internacional E irei madr’a Vigo é unha actividade académica organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, con motivo da estadía na nosa terra do Pergamiño Vindel como peza central da exposición do Museo do Mar “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”.

O simposio terá lugar os días 23 e 24 de novembro en Vigo, na Casa Cambón (Rúa da Palma, 4 -entrada pola rúa Oliva-) e nel participarán especialistas das tres universidades galegas, así como de universidades portuguesas, italianas, francesas, brasileiras e dos Estados Unidos.

A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio e quen asista regularmente ao simposio recibirá un certificado acreditativo. Para o curso 2017/2018 a Universidade de Vigo autorizou con data 25 de outubro de 2017 a validación desta actividade por 0,6 créditos ECTS (18 horas). O código desta actividade académica é o AC00909. De igual xeito, co certificado que se entregue, o profesorado de centros sostidos con fondos públicos poderá solicitar a homologación como horas de formación do profesorado.

A comisión organizadora está composta por catro docentes do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, membros da Facultade de Filoloxía e Tradución: Camiño Noia Campos –coordinadora-, Bieito Arias Freixedo e Xosé-Henrique Costas González –vogais- e Alexandre Rodríguez Guerra –secretario-. Quen estea interesado no ciclo de conferencias poderá contactar con ela a través do enderezo electrónico .


Programa completo