Facultade de Fisioterapia

21/05/2018 - Seminario “Interseccionalidades: Género e Afrodescendência”

O vindeiro luns 21 de maio desenvolverase o Seminario de formación de posgrao “Interseccionalidades: Género e Afrodescendência”, na sala de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

A actividade abranxe as conferencias dos profesores da Universidade de São Paulo Emerson da Cruz Inácio e Mário César Lugarinho, investigadores especializados en estudos queer, africanidades e afrodescendencias, estudos LGBTI, masculinidades e estudos de xénero.

Para aquelas persoas que asistan ás dúas sesións do seminario emitirase un certificado acreditativo (3 horas).

Programa do seminario

HoraActividade
11.00 h Apertura
11.15 h Conferencia: "Interseccionalidades, corPoema: apontamentos críticos"
Emerson da Cruz Inácio
Universidade de São Paulo, USP
12.15 h Pausa café
12.30 h Conferencia: "Metamorfoses de gênero: a rainha N’zinga M’bandi"
Mário César Lugarinho
Universidade de São Paulo, USP
13.30 h Rolda aberta de intervencións
14.00 h Clausura
Interseccionalidades: Género e Afrodescendência

Organizan: FFT / Feminario (BIFEGA) / Bodies in Transit Project.

Colaboran: PDIEL / I Cátedra Internacional José Saramago.