Facultade de Fisioterapia

05/02/2019 - Xornada sobre a situación actual da interpretación en Galiza

Hora: 09.00 h.

Lugar: Salón de actos da Facultade.


Desde hai xa algúns anos, moitas das intérpretes pertencentes á AGPTI veñen amosando a súa preocupación pola situación actual deste sector e a súa inquietude por coñecer máis de cerca todos os axentes implicados nel, as súas prácticas, as súas necesidades, os seus problemas...

Con este obxectivo, propoñémosvos acompañarnos na xornada que presentamos a continuación, que terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o vindeiro 5 de febreiro de 2019, das 9.30 ás 14.00 horas.

A participación na xornada é gratuíta, se ben, por cuestións organizativas, é preciso inscribirse na ligazón seguinte antes do 1 de febreiro:

Inscrición

Programa

Cartel xornada interpretacion