Facultade de Fisioterapia

24/10/2018 - Conferencia “Xornalismo, Lingua e Tecnoloxía. O Diario Galego”

O vindeiro mércores 24 de outubro, María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza, impartirá a conferencia "Xornalismo, Lingua e Tecnoloxía. O Diario Galego" no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Hora: 13.00 h.

Lugar: Salón de Graos da FFT (Aula B3).

Intervirá:
María Obelleiro (directora do semanario Sermos Galiza)


María Obelleiro Hermida é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa experiencia como xornalista n'A Nosa Terra e, na actualidade, é a directora do semanario Sermos Galiza. Obtivo o XIV Premio Johan Carballeira de Xornalismo en 2017.

O seu relatorio versará sobre a situación da lingua galega na prensa escrita, a importancia dos recursos tecnolóxicos e da prensa dixital na consolidación dunha prensa propia, e o futuro dos medios de comunicación tradicionais e dixitais na nosa lingua.

A conferencia está financiada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo dentro da convocatoria 2018 de "Axudas para actividades extraacadémicas e de difusión cultural".