Facultade de Fisioterapia

02/03/2018 - Conferencia: "Migrant Shores"

Hora: 10.30 h.

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Intervirán:

  • Manuela Palacios, Profesora da Universidade de Santiago de Compostela
  • Keith Payne, Profesor e tradutor.

Descrición:
Conferencia da profesora Manuela Palacios, da Universidade de Santiago de Compostela, investigadora de xénero, traductora, editora e estudiosa da relación entre xénero e tradución. A profesora Manuela Palacios presentará unha conferencia en torno á converxencia dos temas: feminismo, tradución e migración. A profesora Palacios é na actualidade a Investigadora principal dun Proxecto sobre eco-feminismo nas literaturas irlandesa e galega e ten editado numerosos publicacións de poesía de mulleres galegas e irlandesas nas que ademais de cuestións de xénero aborda aspectos tales como a mobilidade e a ética da tradución. A prof. Palacios disertará sobre todas estas converxencias, centrándose especialmente no seu novo libro Migrants Shores: Irish, Moroccan & Galician Poetry, County Claire (Irlanda), Salmon Poetry, 2017.


Obxectivos:

  • Reflexionar sobre cuestións relativas á tradución como mediación cultural, social e de xénero e en relación ao concepto de mobilidade e migración no que os dereitos das/dos cidadáns e cidadás a desenvolver identidades heteroxéneas, híbridas e non hexemónicas se ven ameazados.
  • Ofrecer a posibilidade de outorgar un espazo de reflexión privilexiado sobre o papel da tradución como mediación no contextos da redefinición de cidadanía no caso concreto das mulleres migrantes.
  • Dar a oportunidade ao alumnado e profesorado da Universidade de Vigo de poder debater sobre cuestións de actualidade cunha investigadora e editora cunha ampla traxectoria e prestixio internacionais.