Facultade de Fisioterapia

03/11/2017 - Conferencia: "BITRA, la bibliometría y los ETI en gallego como estudio de caso"

Hora: 12.00 h

Lugar: Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Relator: Javier Franco Aixelá. Universidade de Alicante.


O salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a conferencia BITRA, la bibliometría y los ETI en gallego como estudio de caso, impartida por Javier Franco Aixelá, da Universidade de Alicante.

Javier Franco Aixelá é profesor titular do Departamento de Tradución e Interpretación da Universidad de Alacant, onde imparte tradución literaria, documentación, deontoloxía e teoría da tradución.

Durante 12 años, traballou como tradutor profesional e como tal xa ten publicados uns 40 libros.

Foi coordinador do Doutoramento de Tradución da UA, con mención de calidade. É membro fundador da revista MonTI (Monografías de Traducción e Interpretación), publicada de xeito conxunto polas tres universidades púbicas da Comunidade Valenciana.

O seu principal campo de investigación xira ao redor de cuestións bibliométricas, a teoría da tradución, a tradución médica e os elementos culturais, con máis de cincuenta publicacións.

Na actualidade, leva máis dunha década centrado na investigación bibliográfica e bibliométrica, campo no que xestiona e explota unha base de datos bibliográfica accesible en liña, BITRA (Bibliografía de Interpretación y Traducción), con case 70.000 entradas.

Actualmente imparte docencia no grao de Traducción e Interpretación da Universidad de Málaga e é tradutor profesional. As súas liñas de investigación están centradas na tradución especializada, así como na tradución da linguaxe coloquial e da fraseoloxía.


Organiza: grupo de investigación BiFeGa e do programa de Doutoramento de T&P.
Colabora: Vicerreitoría de Investigación Uvigo: Visitas de investigadoras/es.