Facultade de Fisioterapia

02/03/2018 - Conferencia: "La naturaleza del haiku en la traducción de Basho"

Hora: 12.00 h.

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Intervirán:

  • Iván Díaz Sancho, Universidade de Kioto.

Descrición:

O título desta conferencia xoga co doble sentido. Por unha banda, plantexase cál é a natureza do haiku. Dende unha perspectiva occidental, o haiku, entendido como unha estrutura de tres versos de gran concentración poética e recursos estilísticos minimizados, é un xénero ligado con frecuencia á estética zen. Pero, qué entendemos por zen?

Ata qué punto é factible esa identificación? Por outra banda, explorase o uso da natureza nos haikus de Basho, considerado un pioneiro en establecer correspondencias entre a contorna natural e o sentimento do autor, algo propio dunha sensibilidade romántica ou moderna. A través da análise dalgunhas das traducións de Basho dispoñibles en español, o obxectivo principal desta conferencia é amosar as dificultades coas que se topa o tradutor á hora de verter o haiku á súa lingua, provocando, en ocasións, erros de interpretación que terminan por distorsionar a verdadeira natureza do poema orixinal.