Facultade de Fisioterapia

02/11/2017 - Conferencia: "A revitalización do euskera en Álava: un exemplo para o mundo"

Hora: 12.00 h

Lugar: Salón de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Relator: Txerra Rodríguez, avogado, sociolingüista e membro da coordinadora de servizos lingüísticos e culturais EMUN.


O salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a conferencia A revitalización do euskera en Álava: un exemplo para o mundo, impartida polo avogado, sociolingüista e membro da coordinadora de servizos lingüísticos e culturais EMUN.

Na súa intervención afondará no proceso de 30 anos de normalización e revitalización lingüística do euskera en Álava, desde as institucións e, sobre todo, desde o tecido social e asociativo, conseguindo pasar en diferentes concellos do 0% a un 40% de falantes actuais de euskera.