Facultade de Fisioterapia

16/09/2019 - Conferencia "A variación terminolóxica na formación de traductores e intérpretes"

20190906

Día: 16 de setembro
Hora:
 11.00 h
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución
Acceso: Libre


O próximo luns 16 de setembro, Sabela Fernández Silva, investigadora e profesora na Pontificia Universidade Católica de Valparaíso (Instituto de Literatura y Ciencias del Lenguaje), impartirá a conferencia "A variación terminolóxica na formación de traductores e intérpretes".

Sable Fernández Silva é docente e investigadora en lingüística aplicada, coordinadora del Departamento de traducción e interpretación, directora del Magíster en lingüística aplicada e coordinadora de la Antena de neología de Valparaíso (NEOVALPO).As súas liñas de investigación son a terminoloxía, a neoloxía e a tradución especializada desde unha perspectiva cognitiva.

A conferencia está financiada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo dentro da convocatoria 2019 de "Axudas para actividades extraacadémicas e de difusión cultural e organizada pola liña Terminoloxía e Terminografía do grupo de investigación BiFeGa.

Agardámosvos!