Facultade de Fisioterapia

Política e Obxectivos de Calidade

POLÍTICA DE CALIDADE | OBXECTIVOS DE CALIDADE

Política de Calidade


A política de calidade da FFT concede especial importancia á satisfacción de alumnado, profesorado e persoal de administración como integrantes fundamentais do centro. Nese sentido, a nova política de calidade diríxese principalmente a acadar o cumprimento das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais. Tamén busca satisfacer as demandas do profesorado no que respecta á xestión eficaz dos procedementos vinculados coa calidade.

Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices establecidos. Así establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Mediar eficazmente entre os grupos de interese do centro, especialmente entre alumnado e profesorado, co fin de mellorar a docencia e de acadar a satisfacción por parte de ambos grupos.
  • Alcanzar a consecución das metas de calidade establecidas anualmente polo centro e asociadas a indicadores académicos.
  • Facilitar a xestión dos procedementos de calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do sistema de garantía interna de calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para aliminar os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento que teña en conta a diversidade funcional para eliminar os obstáculos que impiden unha igualdade real ás persoas con necesidades especiais.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade no centro.

Obxectivos de Calidade


Procesos
Proced.
Obxectivos Indicadores Meta curso 2017-2018
Graos Mestrados
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
AC-0401 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico Manter ou incrementar
Ocupación da titulación 100% - 105%
Preferencia 90% - 100%
Adecuación 70% - 80%
Nota mínima de acceso do estudantado ao título 7 > 8.51
DO
DO-0201 P1
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudios 4 - 5 1 - 1.5
Taxa de rendemento > 80%
Taxa de abandono < 15% < 5%
Taxa de eficiencia 90%
Taxa de graduación 90%
Taxa de éxito 80%
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións 100%
Acreditación das titulacións 100%
PE
PE-01 P1
PE-02 P1
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI 70% - 80%
Resultados de investigación de carácter académico > 70%
% de PAS en programas de formación > 80%
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas > 3.5 sobre 5
Grao de satisfacción das empresas empregadoras > 3 sobre 5
Grao de satisfacción do profesorado > 3.5 sobre 5
Grao de satisfacción do alumnado > 3 sobre 5
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade manter a certificación