O Sistema de Garantía de Calidade do centro constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da Facultade de Filoloxía e Tradución e das súas titulacións oficiais.

Neste sentido, hai que sinalar que o RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

A ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de avaliación do deseño do SGC do centro o 26 de abril de 2010. Posteriormente, con data 7 de outubro de 2014, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro.

Documentación básica do SGC da FFT: