Facultade de Fisioterapia

Prácticas externas

O alumnado da FFT pode realizar prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares (BOE, 297, 10 de decembro de 2011).

As prácticas curriculares configúranse como actividades académicas integrantes do Plan de Estudos de que se trate.

As prácticas extracurriculares son aquelas que o estudantado pode realizar con carácter voluntario durante o seu período de formación e non formarán parte do correspondente Plan de Estudos. Porén, serán contempladas no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente.

MÁIS INFORMACIÓN

Lourdes Lorenzo García

Coordinadora de Prácticas

986 812 360

Dende o curso 2012/13 ata o curso 2015/16 a facultade organizou, a nivel de graos, un total de 235 prácticas curriculares con 55 destinos diferentes (entre empresas, institucións, tradutores autónomos e servizos internos da Universidade). A estas hai que engadir a xestión de 15 prácticas extracurriculares tramitadas dende a FUVI, o Servizo de Deportes ou a ORI.

Os diferentes mestrados tamén poden ofrecer prácticas externas nos seus Plans de Estudos e a súa xestión realízase a través dos coordinadores de prácticas nomeados en cada mestrado para tal fin.