Da evolución da gheada á influencia do Xabarín Club na normalización da lingua, así é o novo número de Cumieira

Naceron a finais da década de 1990 e están arrancando a súa traxectoria profesional como investigadoras no ámbito da lingua e literatura galegas. Para facilitarlles este camiño o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo edita desde 2016 a revista Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, coordinada polo profesor Xosé A. Fernández Salgado e concibida coa unha ferramenta coa que darlle proxección pública aos traballos académicos destas novas xeracións de estudosas e estudosos do galego. Neste novo volume, e xa van 7, recóllense cinco novas investigacións. 

A mocidade actual, máis castelanizada 

Ler a noticia completa no DUVI