A Área de Normalización Lingüística busca os mellores traballos de poesía, relato curto e tradución

Xa está aberto o prazo de presentación de traballos para os Premios de poesía, relato curto e tradución da Universidade de Vigo que convoca a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Todas e todos os membros da comunidade universitaria interesados en participar nalgunha das tres modalidades poderán entregar as súas propostas ata o 10 de abril a través do Rexistro.

O obxectivo destes galardóns, convocados ao abeiro do convenio de colaboración vixente entre a UVigo e Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, é distinguir as mellores poesías, relatos cursos traducións escritos en lingua galega, sempre de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia da Lingua e o Instituto da Lingua Galega.

Ler a noticia completa no DUVI