Facultade de Fisioterapia

José Yuste Frías

José Yuste Frías

Profesor Titular de Universidade

Area: Tradución e Interpretación

Departmet of Translation and Linguistics

Research Lines:

  • Símbolo e imaxe en tradución
  • Tradución publicitaria
  • Tradución audiovisual e multimedia

Research Group:

Translation & Paratranslation

Contact Information

Faculty of Philology and Translation

Office 33C
University Campus
36310 Vigo

 

  +34 986 812 331
 

Website at UVIGO

Course 2018-2019: Teaching


1st PERIOD:

Degree in Translation and Interpreting
V01G230V01701 | Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos


2nd PERIOD:

Degree in Translation and Interpreting
V01G230V01608 | Tradución idioma 1, III: Francés-Español

Master in Translation for International Communication
V01M128V01202 | Tradución Publicitaria
V01M128V01203 | Tradución de Videoxogos


Course 2018-2019: Tutorial


Tutorial - Year 2018/2019

TFG Topics


  • Tradución inversa español-francés
  • Revisión e corrección de textos

Short CV


Licenciado e Doutor en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica [Francés]) pola Universidade de Zaragoza, José Yuste Frías é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo onde imparte docencia de grao dando clase de tradución directa e inversa na combinación francés-español-francés desde 1995 e de ortotipografía para traductores (revisión e corrección de textos) desde 2004. Especialista do símbolo e da imaxe en tradución, a súa docencia en posgrao e as súas investigacións centranse nos campos profesionais da tradución cultural (directa e inversa) de cómics, libros infantís, libros de arte e textos turísticos; a tradución publicitaria e a tradución para a pantalla. Teórico da tradución, as súas investigacións sobre a paratextualidade o levaron a publicar pioneiras reflexións sobre a importancia suma de calquera detalle paratextual na edición final das traducións e sobre o espazo liminar que ocupa, sempre, todo profesional da tradución e a interpretación que se prece, iniciando, na teoría da tradución, a corrente traductolóxica da Escola de Vigo coa creación dun novo termo traductolóxico: a noción de paratradución. As súas derradeiras publicacións sobre identidade e tradución, que desenvolven as liñas de investigación Mestizaxe e Migración do Grupo T&P, resultan ser reveladoras á hora de xestionar a diversidade cultural nos tempos de choque de civilizacións que corren. Cando, nos servizos públicos de tradución e interpretación, existe, realmente, unha vontade de traducir e interpretar as múltiples pertenzas tanto da identidade do Un (o provedor de servizos) como da identidade do Outro (o migrante alófono), a presenza física dun profesional da Tradución e Interpretación no medio Social (TIMS) é imprescindible e non pode ser substituída por simples e paupérrimos pictogramas.