Endometriose, a epidemia oculta que afecta a 60.000 galegas

Mónica Valderrama e Águeda Gómez participaron nunha pegada de carteis en Filoloxía e Tradución

Participantes no acto simbólico de pegada de carteis na Facultade de Filoloxía e Tradución

A endometriose é unha doenza crónica que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil, o que supón máis de 150 millóns de persoas afectadas en todo o mundo, 60.000 delas en Galicia, mulleres que, na súa meirande parte, viviron un longo calvario de anos de visitas por diferentes especialistas médicos ata conseguir un diagnóstico. Este domingo celebrouse o día mundial desta enfermidade, aínda unha gran descoñecida, tanto entre o público en xeral como para o propio sistema sanitario, e desde a Universidade de Vigo quixeron unirse á celebración desta efeméride cunha campaña divulgativa impulsada pola asociación querENDO, mulleres con endiometriose.

A pegada simbólica do primeiro cartel desta campaña de concienciación levouse a cabo na Facultade de Filoloxía e Tradución, un dos centros universitarios cun maior índice de presenza feminina e contou coa participación da vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez; a presidenta da asociación querENDO, Cristina Fernández; a vicedecana, Inmaculada Anaya, e Aroa Vázquez, da Delegación de Alumnado.

Ler a noticia completa no DUVI